Escribe Miguel Sánchez Robles en Palabras para un tiempo sin respuesta
Y Dios es cualquier cosa
que tenga chocolate por encima
Eu cambiaría a palabra Dios por outra, por exemplo, poesía, ou verso, ou poema. E digo isto porque logo temos a Carlos Negro, que de vez en cando é capaz de sacar uns versos dun Kinder sorpresa, eses ovos de chocolate que levan un xoguete no interior. Daquela, tamén se pode dicir, logo, que -se non por encima- si cubertos de chocolate son os versos dos que máis gustamos.
Dedos en min
Trábanme en chocolate
Morna lentura
Caio con premura
Esligo de ti, e non teño sede
Pretendo outros carreiros
(Inútil escondedoiro)
Remexo as miñas dúbidas
Nada que non me arrime
A ti
Tu
(Se non foses...)
Dedos en min
E eu boqueando, espeluxada eu.
etamensonetos
palabras
quinta-feira, 23 de dezembro de 2010
segunda-feira, 13 de dezembro de 2010
Escribir no teu corpo, desde a fronte
até os pés e volver de novo arriba.
Dicirme onde queres esa palabra
que delongadamente eu demorarei
con tinta de vainilla ou caramelo
(ou iogur de ananás en salgadura)
que tanto ten o gusto da lingua
cando só importa gravarnos as bocas
e deixar a saborosa pegada
do outro escrita. Escrita, si, a forza
de tanto repetir e pronunciarmos
o ben que nos sabe
a sobremesa compartida.
quinta-feira, 9 de dezembro de 2010
CIRCO OFICIAL
Hoxe vai un poema de Manuel Celso Matalobos dedicado a todos os "domadores de feras", ese colectivo que máis dunha vez se atopa nun verdadeiro circo.
CIRCO OFICIAL
Saltimbanquis
homes-bala, mulleres barbudas,
funambulistas, malabaristas,
lanzadores de coitelos, domadores de
feras
encantadores de
serpes,
pallasos,
zancudos,
trapecistas, presti-
dixitadores…
artistas varios.
Panem et cirquenses
Claustro de profesores/as.
sexta-feira, 3 de dezembro de 2010
Viaxarei contigo
Contaxio de penas
poucos agarimos
quen dera apertarte
quen dera, meu amigo.
Coñecer o mundo
no que vives, vivo
en profunda ansia
de entrar e sentilo.
Collereiche as mans
sucias de aloumiños
e as pegadas mornas
marcando o camiño
deixarei ás portas:
pisa onde eu piso.
Se me ves lonxe
perdida do sitio
descifrando mapas
arredor do limbo
non sintas o medo
porque te respiro
e malia a distancia
viaxarei contigo.
poucos agarimos
quen dera apertarte
quen dera, meu amigo.
Coñecer o mundo
no que vives, vivo
en profunda ansia
de entrar e sentilo.
Collereiche as mans
sucias de aloumiños
e as pegadas mornas
marcando o camiño
deixarei ás portas:
pisa onde eu piso.
Se me ves lonxe
perdida do sitio
descifrando mapas
arredor do limbo
non sintas o medo
porque te respiro
e malia a distancia
viaxarei contigo.
Se levantas o meu mundo
Se levantas o meu mundo
porque che deixo
quentar as amapolas nos meus dedos.
Arrívame tamén en pé de guerra,
dinamita dos teus ollos eu quixera
chama a estoupárcheme nas fendas.
Porque deberas
ser o estrondo que me abre ás simas
asemade o alento onde acougue incerta.
porque che deixo
quentar as amapolas nos meus dedos.
Arrívame tamén en pé de guerra,
dinamita dos teus ollos eu quixera
chama a estoupárcheme nas fendas.
Porque deberas
ser o estrondo que me abre ás simas
asemade o alento onde acougue incerta.
Subscrever:
Comentários (Atom)