Escribir no teu corpo, desde a fronte
até os pés e volver de novo arriba.
Dicirme onde queres esa palabra
que delongadamente eu demorarei
con tinta de vainilla ou caramelo
(ou iogur de ananás en salgadura)
que tanto ten o gusto da lingua
cando só importa gravarnos as bocas
e deixar a saborosa pegada
do outro escrita. Escrita, si, a forza
de tanto repetir e pronunciarmos
o ben que nos sabe
a sobremesa compartida.
Sem comentários:
Enviar um comentário